CRTVG

Buscar

O Centro Galego de Bos Aires busca unha solución á súa delicada situación

Publicado o 07/10/2018 21:45

"Con 111 anos de historia, o Centro Galego de Bos Aires atravesa unha situación límite. Leva intervido dende o 2012 polo Estado arxentino e arrastra unha grave situación económica que fai debater o seu futuro case únicamente entre a quebra e a venda do inmoble. Hai uns días celebrábanse uns comicios para renovar o presidente da institución, onde foi electo o galego Ramón Suárez, quen asegura que hai que pasar dunha vez por todas dos ditos aos feitos para salvagardar os que máis sofren esta situación: os empregados e os socios".

Ramón Suárez gañou a presidencia do Centro Galego de Bos Aires co 67 % dos votos fronte a unha coalición de cinco agrupacións.
Coa súa vitoria volve cobrar forza a posibilidade da venda do histórico edificio como solución máis rápida e efectiva, segundo o directivo, á crise da entidade.

"O Centro Galego vai desaparecer inexorablemente se non chegamos a unha venda ou un xerenciamento porque iríamos á creba".

Entre as condicións da transacción pide garantir unha atención de calidade para os 4.000 socios, rematar coa incerteza dos traballadores, que levan meses cobrando só 25 euros por semana e eliminar definitivamente as cuantiosas débedas que acumula o centro, estimadas nuns 40 millóns de euros.

"Cada día que pasa debemos un pouco máis polo que as medidas que se poidan instrumentar deberán ser inmediatas".

Polo momento, só transcendeu unha oferta, a da Fundación Favaloro xunto ao grupo español Ribera Salud. Se prosperan as negociaicións, Suárez remarca que os socios seguirán a xestionar o valioso patrimonio cultural que atesoura a institución.

 

Noticias web

07/10/2018