CRTVG

Buscar

O Centro Dramático Galego, no Festival de Teatro Clásico de Almagro

Publicado o 02/07/2021 21:17

O Festival de Teatro Clásico de Almagro acolle este ano Portugal como país invitado e presenta 'Entremés famoso sobre a pesca do río Miño' da Compañía de Teatro de Braga, en coprodución co Centro Dramático Galego.

Unha obra de Gabriel Freixó escrita hai 350 anos é o primeiro texto dramático escrito en lingua galega que se conserva. Aborda a tradición histórica, as vivencias e tamén as pelexas dos que conviven nas fronteiras. Unha montaxe que amosa o estreito vínculo do século de ouro español cos nosos veciños.


A produción permaneceu desaparecida desde os anos 70 e foi moi pouco representada. Toda unha honra vela medio século despois nesta cita internacional de Cidade Real.
 

Noticias web

02/07/2021