CRTVG

Buscar

O centro de peregrinos habilita un espazo de descanso

Publicado o 17/04/2019 13:59

O centro de acollida de peregrinos de Santiago habilitou un novo espazo para que poidan descansar os camiñantes que chegan á cidade.

A gran sala abovedada en que repousaban os usuarios do antigo asilo de Carretas foi rehabilitada para este fin. O espazo recuperou a súa estrutura orixinal e a súa función inicial, malia que agora os beneficiarios van ser os peregrinos.

Aberto desde hoxe, neste lugar poden esperar a súa quenda para recoller a compostela, relaxarse ou pasear polos xardíns, tamén recuperados.

Segundo o conselleiro de Cultura, servirá, ademais, para proxectar unha boa imaxe de Galicia.

Noticias web

17/04/2019