CRTVG

Buscar

O centro de alto rendemento de Laias, Arnoia e Castrelo retoma a súa actividade

Publicado o 20/07/2020 20:53

Esta imaxe tan común no río Miño durante os últimos anos deixou de selo coma case todo nos últimos meses por mor da pandemia. Agora os deportistas volven por fin o centro de adestramento de Laias, Arnoia e Castrelo.

Despois de semanas parados os deportistas retoman aquí os adestramentos, que chegan inevitablemente con algúns cambios.

Aquí adestra xa o equipo junior da selección española de remo e tamén o de piragüismo.

Os equipos seguirán chegando no mes de agosto e farán un pequeno parón en setembro que será cando se celebren varias das competicións adiadas nos últimos meses. De cara a outubro o centro de alto rendemento conta xa con reservas, que esperan sigan medrando durante o outono.

Noticias web

20/07/2020