CRTVG

Buscar

O cemiterio como destino para a Semana Santa na nova campaña da DXT

Publicado o 09/04/2019 23:34

A DXT disporá máis de 9.000 efectivos e 1.400 radares para o control dos desprazamentos de Semana Santa. Na campaña de concienciación deste ano tiran da ironía para chamar a atención sobre tres destinos moi habituais nas vacacións.

Os creativos da DXT volver tirar dos formatos publicitarios para facer chegar unha mensaxe de alerta fronte ao periodo vacacional que se aveciña.

Ademais dos vídeos, a DXT presentou tamén o operativo de control que haberá nas estradas. Serán 9.200 axentes de tráfico, 400 máis ca o ano pasado, 10 helicópteros, 400 cámaras e vehículos camuflados e 1.400 radares. Todo, din, para que ninguén acabe nun destino indesexado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019