CRTVG

Buscar

O Celta xa pensa nunha dianteira con Denis Suárez, Santi Mina e Iago Aspas

Publicado o 10/07/2019 18:08

Maxi a Mestalla e Santi Mina a Balaídos. O West Ham non pagou a cláusula do dianteiro uruguaio ao contado, cincuenta millóns de euros, e o Celta e o Valencia respectaron o acordo ao que chegaran a semana pasada. Santi Mina, a cesión do central Jorge Saez e quince millóns de euros a cambio de Maxi Gómez. "Parece que está todo claro, sería unha ledicia dispor dun xogador coma el, da casa, quere vir. Se se confirma, é un gran reforzo para nós", dixo o adestrador do Celta, Fran Escribá.

El é o nome da semana en Vigo. El é, con Denis Suárez adestrando xa de celeste, o novo obxecto de desexo no que coinciden afección, directiva, xogador e mesmo a visión de equipo de Aspas. 

Coa mesma, e mentres se apuran as que parecen últimas horas de negociación para pechar o regreso do vigués, os seguidores xa se relamben con só imaxinar unha dianteira, Denis, Santi, Aspas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019