CRTVG

Buscar

O Celta xa pensa no Mallorca mentres degusta o empate contra o Barcelona

Publicado o 28/06/2020 20:05

No celtismo aínda lle dan voltas a esa última xogada de Nolito, cando no calendario da permanencia aparece o partido clave. O Celta chega co agridoce sabor do empate co Barça e no mellor momento da temporada. Con catro xornadas sen perder e só dous goles encaixados. Os dous desta xornada ante o Barcelona. Os dous tras erros inocentes. Unha falta mal entendida e un regalo na saída de balón.

Mais tamén chega coa moral do que sabe sobrepoñerse para acabar por facer méritos para gañar. Cunha morea de xogadores en proceso de crecemento, sobre os que destaca Iago Aspas. O de Moaña volveu amosar a súa dimensión ante o Barça. Co pase que orixina a xogada do primeiro gol, o de Smólov. E logo cun lanzamento de falta que deu xa a volta o mundo. A luz de Aspas ilumina na véspera dun encontro crucial. E no celtismo o saben que esa luz, nos momentos decisivos, nunca se apaga.

Noticias web

28/06/2020