CRTVG

Buscar

Mérida - Celta, a partido único ás 16:00 horas no Estadio Romano

Publicado o 12/01/2020 11:09

O Celta xa está en Mérida. Viaxou esta mañá cos dispoñibles. Volven Sergio Álvarez e Denis Suárez á convocatoria e entra Iker Losada do filial porque o touro Fernandez rematou con molestias a sesión do venres. O Mérida quere dar a sorpresa, pero o Celta non dará facilidades.

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "Temos moita ilusión posta na Copa e tomaremos o encontro como se fora de primeira división".

Diego Merino, adestrador do Mérida: "Es a partido único e temos moitas opcións de pasar".

O Mérida ven dunha remonta na casa na Copa e o Celta de deixarse remontar. É tempo de que cada quen asuma o seu rol sobre o céspede.

Óscar García: "Estamos construindo líderes e se ven xente de fóra moito mellor".

E ademais de líderes o equipo necesita a mellor versión de todos.

Óscar García: "Claro que hai xogadores que non están ao cento por cento".

Pero Óscar tamén foi moi claro cos non implicados.

Óscar García, adestrador do Celta: "Non creo que ninguén se estea borrando porque conmigo non xogaría".

O Celta realiza esta tarde a última sesión antes do encontro de mañá.

Noticias web

12/01/2020