CRTVG

Buscar

Primeiro adestramento do Celta en Marbella xa con Cervi e Dituro

Publicado o 12/07/2021 10:43

E saiban que o Celta viaxou a Marbella.

Despois dunha semana de traballo en Afouteza, a expedición celeste, sen Emre Mor e Costas por decisión técnica, foi á Costa do Sol, onde estará quince días. Tamén sen rapaces da canteira como Sergio Carreira ou Pampín.

Coudet viaxou con dezanove futbolistas. Emre Mor e Costas por decisión técnica quedaron en Vigo, Denis Suárez por positivo Covid, tampouco está Iván Villar coa selección olímpica. Esta mañá, primeira sesión de traballo na Costa do Sol. Aí vimos en acción a Matías Dituro, a última incorporación, o meta cedido polo Universidade Católica de Chile.Ata o día 24 o Celta non xogará ningún amigable. Será con Sanluqueño, a terra de Nolito.

Estas son as imaxes da chegada da expedición de dezanove futbolistas, que vai quedar concentrada no Marbella Football Center ata o día 25. Alí vai disputar un único amigable, o día 24 ás seis contra o Atlético Sanluqueño. Xa de volta, os de Coudet só teñen confirmados outros dous encontros, contra o Wolverhampton e o Bayer de Leverkusen.

Noticias web

12/07/2021