CRTVG

Buscar

O Celta volve sen puntos do Pizjuán e mete o Sevilla na loita polo liderado (2-1)

Publicado o 08/10/2018 09:45

Comezamos polo Celta, que perdeu en Sevilla por 2 goles a 1. O mellor do Celta, a boa predisposición no inicio do partido e o golazo de Boufal. O peor, a expulsión absurda de Araújo e a falta de recursos para deter un Sevilla que con este triunfo se sitúa como líder do campinato.

O Celta saíu no Pizjuán con tres centrais, co mesmo equipo que gañou en Xetafe, e coa mentalidade de ser agresivos e ir facer presión arriba. En menos de 20 minutos dispuxeron de dúas claras ocasións. A primeira, de Sisto tras deixada de Maxi.

E a segunda despois dunha falta en que Cabral acabou por facer o máis difícil, mandala fóra. Pero chegada á media hora o Sevilla foi a máis e comezou a pechar o Celta. Os galegos perderon protagonismo e tensión e así apañaron o primeiro gol. Unha presión arriba mal feita, equipo partido e xogada que acaba con centro de Navas para o remate de Sarabia. Minuto 38.

A segunda parte comezou coa entrada de Eckert por Sisto. E cunha opción de Aspas como evidencia das intencións do Celta. O cambio de Mohamed converteu o choque nun ida e volta para o que pouco axudou Araújo. O central viu o primeiro cartón nunha tángana e a segundo, dous minutos despois, por esa entrada a Silva.

Cun máis e media hora por diante, a cousa caeu do lado do Sevilla. Apenas na xogada posterior á expulsión, logrou o segundo. Na acción interviron Vázquez, Sarabia e marcou Ben Yedder. O colexiado indicou fóra de xogo, pero tras a revisión do VAR, concedeu o gol. O Celta non se rendeu. Buscouna nas pelotas quedas e logo, coa entrada de Bouffal, nas súas arrancadas. Nunha delas, sacou un golpeo colosal que sorprendeu a Vaclik. Golazo de Bouffal. E minutos finais de esperanza no Pizjuán. A coraxe do Celta pechou o Sevilla, pero non bastou. Quinta xornada sen gañar.  

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018

Máis sobre deportes

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13