CRTVG

Buscar

O Celta volve ao traballo sen os internacionais

Publicado o 10/09/2018 21:46

Pois o Celta volveu hoxe ao traballo tras dous días e medio de descanso e pendente da incorporación dos seus internacionais. O equipo prepara a saída a Xirona. Será o próximo luns. Tras gañarlle ao Atlético de Madrid no último compromiso da liga, os de Antonio Mohamed retoman os adestramentos coa intención de manter as boas sensacións deste arranque ligueiro. Levan sete puntos de nove posibles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018