CRTVG

Buscar

O Celta viaxa a Pamplona na procura da primeira vitoria na liga o día do seu 98 aniversario

Publicado o 23/08/2021 15:45

O Celta xa está en Pamplona, onde esta noite buscará o primeiro triunfo da temporada.

Chega o Celta a Pamplona cunha defensa baixo mínimos, ante un Osasuna deseñado para colgar moitos balóns na área, moito fútbol directo que agarda Coudet: "Propón partidos físicos, moito segundo balón, moito balón aéreo".

O Celta teme o fútbol directo do Osasuna; o Osasuna a intensidade do Celta: "É un equipo de ida e volta, que intenta dominar os partidos, apreta arriba e afoga", comentou Jagoba Arrasate, adestrador do Osasuna.

Serve como referencia a segunda metade contra o Atlético. Un Celta que domina e ataca. Recalcouno Tapia. Ter a pelota. "Proponer, facer o noso xogo e tratar de sacar os tres puntos independentemente de como xogue o rival".

Vai polo momento unha liga igualada e de empates. Cinco na primeira xornada. Cinco de oito encontros nesta segunda.

Noticias web

23/08/2021