CRTVG

Buscar

O Celta ultima a preparación diante da Roma

Publicado o 12/08/2017 15:08

Mentres, o Celta remata a preparación con vistas ao seu último amigable. Será mañá en Balaídos diante da Roma. Nese partido vaise ver un once moi similar ao que vai comezar a liga diante da Real Sociedade. Unzué vai tendo claro o seu equipo, e por iso avisa os que queden fóra nestes partidos vindeiros. A titularidade no seu Celta vai estar moi cara.

Último adestradmento antes da última proba desta precampaña. Será fronte a Roma e Juan Carlos Unzué, que lle pasou revista á tropa na Madroa, manda un aviso para os que non sexan titulares nos próximos partidos.

Exemplo desa situación: o Tucu Hernández. Intocable para Berizzo e que podería ser relegado ao banquiño con Unzué. E é que cada mestre ten o seu libro... e este é o de Unzué.

Mañá ante a Roma veremos un once moi semellante ao que se estree en 7 días ante a Real Sociedade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017