CRTVG

Buscar

O Celta traspasa a Naranjo ao Genk belga que ficha ata 2020

Publicado o 10/01/2017 21:40

O Celta recibirá case dous millóns de euros e non haberá opción de recompra

O traspaso de Naranjo ao Genk belga é a primeira operación que realiza o equipo vigués neste mercado de inverno. Naranjo xa pasou o recoñecemento médico co seu novo club.

Asina polo Genk por tres temporadas e o que falta desta. O Celta recibirá case dous millóns de euros e non haberá opción de recompra. Naranjo non dispuxo de minutos en Vigo malia vir acreditado pola súa boa temporada no Nastic en Segunda. Non debutou en Liga e só xogou dous partidos da Liga Europa e un da Copa do Rei. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2017