CRTVG

Buscar

O Celta tómase en serio a Copa

Publicado o 13/01/2020 14:02

• Preocupa a lesión de Néstor Araújo

Xogaron na defensa Hugo Mallo, Araujo e Olaza. Síntoma de que esta Copa interesa. Beltrán, Pape e Brais no centro. E arriba, Juan Hernández, Sisto e o goleador Santi Mina.

Poucos riscos. Nada de experimentos. Control absoluto do xogo. Con trinta minutos, un gol de Mina e outro de Sisto finiquitan toda a emoción. O Celta non ía de paseo. A Copa gusta moito.

Nin tan sequera foi preocupante o gol do Mérida antes do descanso. A diferencia de categoría e de calidade foi tan grande que apretou o equipo galego e volveu colocarse nun escenario cómodo. Goles de Brais, de penalti, e outro de Santi Mina, por iso de presionar e aproveitar un erro do Mérida.

Tivo minutos Denis Suárez, media hora. E logo da Copa, volve o punto de mira cara a liga, máis gañar, aínda que sexa ante un Segunda B, sempre saca sorrisos

Noticias web

13/01/2020