O Celta só gañou dous dos trece últimos encontros
Publicado o 08/01/2019 20:27
O Celta volveu hoxe ao traballo na Madroa. Os xogadores, entre eles o cuestionado Pione Sisto, póñense mans á obra cos vistas á próxima cita da liga: visitan Vallecas este venres. Todas as sesións da semana serán a porta pechada. Dos 13 últimos encontros disputados contra o Raio na Primeira, os celestes só se impuxeron en dous. Malas estatísticas para os de Cardoso agora que o descenso está a só catro puntos.