CRTVG

Buscar

O Celta segue sen pechar a cesión de Emre Mor

Publicado o 23/07/2019 20:36

Emre Mor é unha das posibles saídas do Celta. Pois atendan á secuencia que captaron as nosas cámaras no adestramento desta mañá na Madroa. Os xogadores comezan a quentar, pero hai un que fai o moulón. Emre Mor sae de último e non está polo labor. Fala con Escribá. Parece que lle doe unha coxa. Que non se atopa moi ben. O adestrador ármase de paciencia. Sabe que é unha mexericada. Que non ocorre nada malo. Intenta convencelo para que se una ao grupo. O xogador non o ten claro de todo. "Parece que me doe aquí e acolá". Escribá ponse serio. "Dálle. Déixate de lerias". Mírao cun sorriso paternal. Mor incorpórase coa cabeza gacha. O seu futuro segue no aire.

 

Noticias web

23/07/2019