CRTVG

Buscar

O Celta segue sen gañar fóra da casa

Publicado o 20/10/2019 15:25

Máis do mesmo. O Celta regresa de Mendizorroza sendo un equipo pusilánime como visitante e con máis posesión que pegada en ataque. Córner, remate de Joselu e sobre a mesma liña de gol Rubén evita o tanto.

No minuto 12, gol de Santi Mina, primeiro anulado, logo semellaba que concedido, pero nunha das tomas do VAR aparece a viqueira da bota de Aspas para deshabilitar a posición de San Mina cando marca.

Aspas coa dereita remata a mellor contra céltica, non resolve coa perna dominante e acaba atrapallándose coa menos boa. Foi a mellor olívica no primeiro acto.

Erro de Mallo, Rioja vaise con comodidade e no lugar de centrar por abaixo centra por arriba e Joselu a un metro da portería manda o balón contra a trabe.

Oportunidade clara de Santi mina, logo do centro de Denis, arriba.

Joselu, de cabeza ao traveseiro, tras falta a Oaky e córner, que orixina o gol.

Lisandro Magallán gáñalle as costas a Okay, que perde de vista ao arxentino. Era visto que a estratexia sería unha das armas do glorioso, e así foi, un a cero.

Logo outra de Joselu, clara, fóra.

Aspas e Denis, sociedade moi limitada.

Pione, logo dun pase comprometido e quedar durmido Lobotka, aparece Aleix Vidal para que Lucas se dea unha alegría ante o Celta.

Cinco derrotas en seis partidos e un gol como visitante na novena xornada. A próxima fin de semana, a Real Sociedade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019