CRTVG

Buscar

O Celta segue sen gañar a domicilio

Publicado o 20/10/2019 18:24

Escasa intensidade e máis do mesmo. Máis posesión que pegada.

E no primeiro córner desfavorable, remate de Joselu, sobre a mesma liña de gol Rubén evita o tanto.

Gol anulado a Santi Mina... logo semellaba que concedido. E nunha das tomas do VAR aparece a viqueira da bota de Aspas para deshabilitar a posición de Mina cando marca.

Aspas coa dereita remata a mellor contra céltica, non resolve coa perna dominante e acaba atrapallándose coa menos boa.

Erro de Mallo...Rioja vaise con comodidade e no lugar de centrar por abaixo centra por arriba e Joselu a un metro da portería manda o balón contra a trabe...

Lisandro Magallán gáñalle as costas a Okay, que perde de vista ao arxentino...era visto que a estratexia sería unha das armas do glorioso...

 Fran Escribá, adestardor do R.C. Celta."Eles creceron máis desde os nosos erros que desde a súa proposta".

Lonxe de Balaídos Rafinha, Mina, Aspas e Denis seguen sen ser unha ameaza real para os rivais.

 Fran Escribá, adestardor do R.C. Celta. "Non podemos pensar que Balaídos nos dá para todo".

Pione dá un pase comprometido. Queda durmido Lobotka e aparece Aleix Vidal para que Lucas se dea unha alegría ante o Celta...

Nove puntos... catro derrotas. Cinco goles a favor en 9 xornadas, a próxima fin de semana a Real Sociedade, que está en postos da liga de campións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019