CRTVG

Buscar

O Celta saca un comunicado queixándose da arbitraxe sufrida

Publicado o 09/02/2019 21:46

Enfado e indignación do Celta coa arbitraxe do colexiado asturiano González Fuertes. O cabreo celeste comeza no minuto 33 tras pitar un penalti discutible de Hugo Mallo.

Unha vez sinalada a pena máxima, o árbitro "desenfundou" en dous segundos tres cartóns a Maxi Gómez: dous amarelos e o vermello correspondente. O colexiado di que a primeira amarela é por dirixirse a el en desconformidade cunha decisión e a segunda é por aplaudir tamén en desconformidade con esa decisión. Houbo enfado no Celta e tamén na directiva que sacou un comunicado.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019