CRTVG

Buscar

O Celta recupera a Aspas antes dunha semana clave

Publicado o 01/04/2019 20:01

As bágoas de Iago Aspas son a imaxe da xornada. Balaídos recuperaba o seu heroe, o Celta o seu mellor home e o equipo a súa alma.

"O equipo necesitaba non só de min, senón un punto de inflexión con 3 puntos. Coido que é unha semana perfecta porque temos outro partido o mércores e outro a vindeira fin de semana. É unha vitoria anímica pero sen nos descentrar de que continuamos en descenso e que temos que seguir loitando", avisa Aspas.

Porque a clasificación sitúa o Celta no décimo oitavo lugar, a un punto do Vilarreal, que marca a salvación e a quen os celestes lle teñen gañado o goal average. O Valladolid está a 2 e o Levante a 4. Logo da vitoria ante os castellonencos,o mércores toca visita a Huesca e o domingo chega a Real Sociedade e Escribá sinala: 

"Non precisamos un bo resultado coma este, precisamos dous bos resultados e esta semana é propicia para iso, non polos rivais senón pola proximidade dos partidos porque en 4 días hai que pensar noutro, en 3 hai que pensar noutro. Son 9 puntos moi importantes".

Os 3 primeiros puntos xa están no peto. O mércores, no Alcoraz, Huesca, segunda cita da semana. E xa con Aspas.

Noticias web

01/04/2019