CRTVG

Buscar

O Celta recibe 55 millóns de ingresos de TV, o Deportivo 24 e o Lugo 6

Publicado o 12/12/2019 19:10
O Celta recibe 55 millóns de ingresos de TV, o Deportivo 24 e o Lugo 6

A Liga de Fútbol fixo público o reparto de ingresos por dereitos televisivos da temporada pasada e isto foi o que gañaron Celta, Dépor e Lugo. Nunha Primeira División na que ao Barça, ao Madrid e ao Atlético lles dan de comer á parte, o Celta foi o undécimo equipo que máis cobrou. En total 55,7 millóns de euros. Na Segunda, o Dépor cobrou 10, pero a iso hai que engadirlle os 14 que cobrou polo seguro de descenso. En total: 24,7, só superado polo Málaga. O Lugo recibiu 6 millóns. Foi o quinto equipo que menos cobrou por dereitos de televisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019