CRTVG

Buscar

O Celta progresa no campo pero recúa na clasificación

Publicado o 03/02/2020 20:39

Un bo partido, sen premio outra vez. O Celta progresa no campo pero recúa na clasificación. O Leganés está agora por diante. Entre o Celta e a permanencia hai un punto e dous equipos.

Óscar García, adestrador do Celta: "O que me preocupa é a falta de eficacia".

Como sucedeu contra o Éibar, pero nun escenario de Champions. En Mestalla o Celta volveu dispoñer de ocasións froito do bo xogo. Intentouno Aspas, que parece máis dinámico, e tamén o Toro Fernández. Quince minutos antes do final debutou o novo dianteiro Smolov, sen adestramentos previos. As esperanzas están postas na puntería do ruso e que contaxie os demais.

E o Celta quere animar a afección a que acuda o domingo a Balaídos, ao partido contra o Sevilla. O club pon á disposición dos socios catro entradas a cinco euros cada unha, iso si, só se poden adquirir a través da web do Celta.

Despois do Sevilla, toca o Bernabeu, e o seguinte partido na casa será contra o Leganés, un duelo directísimo pola permanencia.

Noticias web

03/02/2020