CRTVG

Buscar

O Celta presentarálle aos accionistas un beneficio de 25 millóns de euros

Publicado o 02/12/2019 21:10

O Celta celebra mañá a súa xunta de accionistas. O club vigués presentará un beneficio no pasado exercicio que supera os 25 millóns de euros. Ademais superou por primeira vez os 100 millóns de ingresos, repartidos, sobre todo, entre dereitos televisivos e vendas de xogadores. O presuposto para esta temporada aproxímase aos 85 millóns e os beneficios están previstos en 4,4 millóns. Mañá espérase que os accionistas aproben as contas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019