CRTVG

Buscar

Mathias Jensen: "O Celta é perfecto para min"

Publicado o 10/08/2018 09:52

É o sexto reforzo do equipo para a campaña que a piques está de comezar. Mathias Jensen, 22 anos, é un centrocampista ofensivo, dinámico, con capacidade para chegar á área. Asina por cinco temporadas e agarda estar listo para xogar o antes posible. 

ensen ascende con tento os chanzos da súa presentación. Toca a perna dereita, aínda que a lesión muscular está na esquerda, por detrás. Pero case case curada.

E velo xogar xa é o que ansían os afeccionados, que o encheron de benvidas virtuais e presenciais. Lobotka faláralle moi ben do Celta, pero el xa quería vir antes. Agora club e xogador celebran con alivio a resolución de meses de duras negociacións para traelo.

Este mediocentro ofensivo recoñece que ten que seguir mellorando a súa defensa, pero considérase un xogador intelixente. Admirador de Zidane e Iniesta, espera encantar Balaídos coa súa visión de xogo, mirando o balón como unha bóla de cristal. 

Miñambres engade que sabe pasar coas dúas pernas e tamén finalizar. Destaca a capacidade técnica do quinto dinamarqués que chega ao Celta en seis anos.

E rexeitou outras ofertas. Escolleu recalar en Vigo.

E son moitos os que pensan que el será perfecto para o Celta.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018