CRTVG

Buscar

O Celta presenta 21'5 millóns de beneficio

Publicado o 03/12/2019 16:50

Hai dez anos o Celta debía trinta millóns de euros tras pasar polo proceso concursal e despois do acordo con Caixanova e Facenda. Hoxe en día a débeda é cero. É máis, hai millo no hórreo.

Esta noite, na xunta de accionistas, o Celta presentará estes números: Un ingreso da pasada campaña de cento cinco millóns de euros e un superávit de vinte e un millóns. O orzamento máis ambicioso na historia do Celta chega neste exercicio. Oitenta e seis millóns de euros. Prevese un beneficio de catro millóns e medio.

 

Noticias web

03/12/2019