CRTVG

Buscar

O Celta pon a proba no Metropolitano ante o At. Madrid a súa melloría sen Aspas

Publicado o 13/04/2019 17:07

Cando Aspas marcou e levantou a camisola e veu o cartón que traía suspensión, en casa Celta disparáronse todas as alarmas. Agora que o equipo collía velocidade, o astro envorca e deixa un panorama, no sentir do celtismo, tal que así. E agora como continúa esta viaxe?
Amais de Aspas, causan baixa Juncá e Brais por lesión e Hoedt por decisión técnica. O celta viaxou o Metropolitano e con interrogantes na aliñación, fóra de descenso e consciente do que hai.
Atlético de Madrid - Celta. Ás seis e media. Momento pra tirar de equipo, de grupo, e poñer a funcionar o Celta sen Aspas. E, sen non arranca, ao celtismo sempre lle queda apoiar e pensar que o de Aspas, é só pra unha semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019