O Celta perde a Araújo e Tapia para o partido de Huesca
Era un partido para dar un salto cara arriba, pero acabou cun punto rescatado no último minuto con outro valor.
Coudet: "Termina sendo un punto para soster a distancia".
O descenso está a oito puntos e Europa a sete. O goleador Murillo insiste en mirar cara arriba e fastídialle non sumar os tres da casa.
Murillo: "Aquí non poden vir roubarnos puntos. Hai que facer o punto bo e mirar cara adiante respetando os de atrás".
O Valladolid conseguiu impoñer o ritmo que lle interesaba.
Coudet: "Metémonos nese ritmo e non pudemos sair e viuse o partido que se viu. Feo".
Co Huesca xogan outra vez o domingo ás dúas da tarde, mudando os ritmos vitais dos xogadores.
Coudet: "Ás dez e media da mañá teñen que estar comendo fideos".
Pero sobre todo coas baixas de Tapia, que viu o quinto cartón e Néstor Araújo, cunha lesión muscular que o terá de baixa a lo menos dúas semanas.
Coudet: "Dos que xogaron hoxe para o próximo xa temos dous menos".
Lamenta non poder repetir once no campo do pechacancelas.