CRTVG

Buscar

O Celta, pendente da evolución de Aspas

Publicado o 05/08/2019 16:38
O Celta, pendente da evolución de Aspas

O Celta regresa esta tarde a actividade na súa cidade deportiva noutra xornada de portas abertas para os afeccionados. Afeccionados que están pendentes da evolución de Iago Aspas, que sufriu en Berlín un golpe nun xeonllo.

Golpe con dor que precisa de descanso. Se cadra mañá faltará a cita amigable co Tenerife en Melgaço. Veremos se chega a tempo para presentarse co proxecto desta temporada o sábado en Balaídos co Lazio, Memorial Quinocho, partido que vai ofrecer a Televisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019