CRTVG

Buscar

O Celta pecha a temporada con derrota (2-3) fronte ao Betis e diante do seu público

Publicado o 22/05/2021 21:33

Seguro que os afeccionados que acudiron a Balaídos marcharon satisfeitos co espectáculo entre dous equipos que afrontaron o encontro como unha reivindicación.

No que se rexistraron 22 remates, nove deles entre os tres paus, e cinco goles.

Os vigueses quixeron amosar que merecían estar en Europa tanto como os seus rivais.

E adiantáronse no marcador á media hora de xogo logo dun penalti de Bartra a Santi Mina transformado por Iago Aspas.

Decimocuarto tanto do céltico nesta temporada que lle serve para entrar nun grupo de seis elixidos capaces de chegar a esa cifra nas seis últimas temporada.

A volta do descanso, os vigueses decantarían o encontro do seu lado cun novo gol, esta vez de Brais Méndez a pase de Iago Aspas, quen participou directamente en 27 dos 55 goles do equipo.

Era o novoeno tanto do centrocampista céltico nesta campaña.

O encontro semellaba sentenciado. Sen embargo reaccionou o Betis que recurtou diferenzas dous minutos despois neste penalti de Nolito a Emerson convertido por Borja Iglesias.

Undécimo gol do santiagués na Liga, duodécimo da temporada, todos eles conseguidos nos cinco últimos meses.

Este tanto fixo medrar ó Betis que se foi a polo empate. E que o logrou nunha falta lanzada maxistralmente por Fekir no minuto 68.

A xogada alporizou a Coudet que foi expulsado por Gil Manzano. O público aproveitou para despedir ó seu técnico cunha tremenda ovación e berrros de Chacho, Chacho.

Os andaluces estaban lanzados e nun córner prolongado por Bartra, Víctor Ruíz consegue o tanto da vitoria. Magnífico final de temporada dos verde e brancos, invictos nas once últimas xornadas.

Nin sequera a expulsión de Tello por dobre cartón amarelo alterou o plan dos de Pellegrini que salvaron os tres puntos grazas a esta intervención de Claudio Bravo no minuto 87. Celta e Betis despedían un partido con nivel europeo.

Noticias web

22/05/2021