CRTVG

Buscar

O Celta leva 23 anos sen gañar en Vallecas en Primeira

Publicado o 11/01/2019 17:09

O Celta vai rematar esta noite a primeira volta, e vaino facer nun deses estadios que non se lle dá nada ben.

Para atopar o último triunfo do Celta en Vallecas, na 1ª División, temos que remontarnos á temporada 95/96. Pasaron 23 anos. Aquel Celta de Fernando Castro Santos gañara en Vallecas por 1 gol a 3, cos goles de Juan Sánchez, Milojevic e Alejo. Desde aquela, oito visitas do Celta a Vallecas e oito derrotas para os celestes.

Vallecas non é a mellor praza, nin o Celta chega coas mellores sensacións, pero Cardoso promete que aumentarán as prestacións.

 Miguel Cardoso, adestrador do R. C. Celta: "Seguro que o equipo que veremos vai estar dentro dos valores que queremos e que, dese xeito, vai estar máis próximo á vitoria".

A progresión do equipo deu varios pasos atrás contra o Athletic, e o técnico quere que o Celta aprenda dos erros. 

Miguel Cardoso, adestrador do R. C. Celta: "É o primeiro paso para mellorar: comprender o que estivo mal e estar máis espertos para non cometer erros. O partido do luns é a referencia do que non debemos facer".

Emre Mor e un cuestionado Sisto viaxaron co equipo mentres quedaban en Vigo Jensen e Hjulsager, nun partido clave para que o Celta non se meta de cheo na zona baixa.

O Raio afronta esta cita tras gañar dous partidos consecutivos

Pois o Raio chega a esta cita no mellor momento da temporada. Os de Vallecas acumulan dúas vitorias consecutivas en liga -ante o Levante e o Valladolid- e, se gañan este partido, mesmo poderían abandonar os postos de descenso. No Raio saben que o Celta chega ferido. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019