CRTVG

Buscar

O Celta, interesado no regreso de Joselu

Publicado o 06/04/2021 19:53


A volta doutro fillo pródigo continuaría a operación retorno iniciada polo Celta hai unhas temporadas. Joselu, agora no Alavés, interesa en Vigo e pode ser unha operación factible. Adiantábao o noso compañeiro da Radio Galega Víctor López no programa 'Ao contraataque'.

O descenso do Alavés, que agora é o cabeiro da Liga, deixaría libre o dianteiro de Silleda. A Coudet interésalle o perfil de Joselu e o club estaría disposto a poxar por el. O Celta vendera a Joselu ao Real Madrid hai once anos, por millón e medio de euros. Inconveniente: a alta ficha do xogador, de 1,8 millóns de euros netos.

Noticias web

06/04/2021