CRTVG

Buscar

O Celta golea o Llanera no Carlos Tartiere e avanza con paso firme na Copa

Publicado o 17/12/2020 22:55
O Celta golea o Llanera no Carlos Tartiere e avanza con paso firme na Copa

O adestrador do Celta non fixo moitas rotacións ante o Llanera, da Terceira División. E esa diferenza de categoría, notouse sobre o verde do Carlos Tartiere de Oviedo. 

Con todo, o primeiro gol tardou en chegar. E foi Lautaro (min 40), quen xa disputara uns minutos no último partido de Liga, o que abriu o marcador tras varios intentos errados. 

Xa na segunda metade chegaron os outro catro tantos: dous deles de Nolito (min 53 e min 75), que entrara o campo tras o descanso. A boa noticia foi o golazo de Emre Mor (min 59), que volvía xogar tras a súa lesión.

O capitán Hugo Mallo foi o encargado de pechar a goleada (min 82).