CRTVG

Buscar

O Celta ficha a Santi Mina

Publicado o 14/07/2019 14:19

Contra a unha do mediodía o Celta facía oficial o regreso a casa de Santi Mina. Asina por cinco temporadas e levará o número 22. Con Mina son xa 10 os xogadores do Celta que sairon da canteira da Madroa. O xogador unirase á pretemporada do Celta na Toxa e será presentado o vindeiro venres en Balaídos. A operación co Valencia -como lles contamos onte- estaba paralizada porque nela entraba tamén a cesión de Jorge Sáenz, pero ao que se ve o Celta desligounas e presenta xa a Mina. Catro anos despois volve a casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019