CRTVG

Buscar

O Celta faise forte desde a defensa e a inspiración de Rubén

Publicado o 09/03/2020 17:32

Se repasamos os números do Celta desde que abriu o ano, son moi esperanzadores. Só unha derrota. É o equipo menos goleado na segunda volta. Deixou a portería a cero en 8 xornadas. E Rubén está na súa mellor media de goles encaixados. A fortaleza defensiva está a ser clave no equipo... non perde mais penalízao ser o rei do empate.

As vitorias do Mallorca e do Leganés apertan a clasificación moito pola zona baixa. O Valladolid con 4 puntos sobre a territorio vermello do descenso; o Eibar con 2 e un encontro menos, o Celta con unicamente 1 punto máis.

Os dous partidos que lle faltan ao Celta en marzo son o Vilarreal en Balaídos e visita a Valladolid. Quedan 12 xornadas de liga e os cálculos estiman que polo menos terá que gañar cinco partidos para certificar a permanencia.



 

Noticias web

09/03/2020