CRTVG

Buscar

O Celta fai números pensando na salvación

Publicado o 14/07/2020 20:21

Son días de contas na Madroa. O Celta prepara a súa final contra o Levante. Volve Murillo tras a súa sanción. Xusto a tempo para o partido que pode valer a permanencia. Óscar matina na clasificación e logo do empate do Alavés en Xetafe ve os vitorianos empatados a puntos e con 4 de renda sobre o descenso.

Son días de contas para o Celta. Que analiza con coidado o seu calendario e mira de esguello o dos seus rivais. Matinando sobre as múltiples combinacións posibles que deixen os vigueses na primeira división unha temporada máis. E mentres as inevitables contas distraen a tensión, a primeira cita achégase. E que Levante vai vir a Balaídos? Pois os números amosan que dende que conseguiu a salvación o equipo de Paco López non volveu gañar. 2 empates e 2 derrotas.

Segundo o técnico valenciano: "Estamos tendo unha serie non moi boa, sobre todos nestes dous últimos partido, porque ata entón as sensacións foron boas"Volve facer números o Celta e lembra que nas 4 últimas visitas do Levante houbo 3 vitorias celestes. Se o xoves repite poderá deixar a calculadora.

Noticias web

14/07/2020