CRTVG

Buscar

O Celta fai autocrítica pola primeira parte contra o Valladolid

Publicado o 02/12/2019 20:55

Manter a portería a cero é o máis positivo que sacou o Celta do empate co Valladolid. É a cuarta vez esta temporada que non recibe gol, primeiro paso para saír do descenso. Araújo: "Hai que estar sólidos atrás"
Óscar García non puido estrearse con vitoria en Balaídos. O Celta tardou en entrar no partido. Araújo faise eco da mesaxe do adestrador: "No podemos regalar 45 minutos"

Araújo é un dos titulares de Óscar García. Os catro de atrás repetiron nos tres partidos; e tamén Pape, Lobotka, Pione Sisto e Aspas. E apunta a ter máis protagonismo o Toro Fernández, tralos seus convincentes dez minutos do venres. Oscar García: "O Toro merece máis minutos"

O Celta xoga o domingo no campo do Leganés, último clasificado. Se o Celta gaña é moi probable que saia do descenso pero non se pode permitir perder.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019