CRTVG

Buscar

O Celta estrea o remodelado Bernabeu

Publicado o 12/09/2021 15:36

Coudet, que conta con Araújo e Tapia, á procura da primeira vitoria da temporada

Sorrintes e ilusionados viaxaron os célticos cara Madrid cos recén incorporados Araújo e Tapia na expedición. Os dous postúlanse como titulares na busca da primeira vitoria da temporada.

Un dos obxectivos pasa por mellorar a efectividade ofensiva cun gol marcado e só dous remates a porta en tres partidos.

O venres cumpríronse dezaseis anos da última vitoria céltica no Bernabeu, estadio no que os galegos lograron un empate na súa última visita en febreiro de 2020. A novela tería o éxito asegurado. O Celta voou sobre o niño de Florentino.

Noticias web

12/09/2021