O Celta énchese de confianza grazas á vitoria e aos dous goles de Aspas: "Cando empezas ben adoitas acabar ben"
Gañar o primeiro partido na casa e con Aspas en plan estelar coloca o Celta nunha boa posición de saída e pleno de confianza.
Os dous goles fixeron de Aspas o xogador máis valioso da xornada. MVP da liga e outra vez pedindo paso á selección, que ten partidos en outubro.
Oscar García: "Alégrome moito por el porque Iago tiña a idea que lle costaban os inicios de temporada. Luis Enrique é quen decide e eu estaría encantado de que fose".
Aspas segue sendo a guía nun Celta que quere xogar distinto, como percibiu Murillo nada máis chegar.
Murillo: "Hai un cambio na idea do xogo. Somos un equipo que quere presionar"
Oscar García: "Físicamente estamos a un nivel alto. A idea é mantelo 95 minutos e estamos a conseguilo".
Non todos alcanzaron o seu punto óptimo. Tampouco é novo que o Celta estea á altura contra os equipos máis potentes pero ninguén lle quita os 4 catro puntos do peto.
Murillo: "Cando empezas ben adoitas acabar ben".
Despois do Valencia toca visitar Valladolid. Outra oportunidade para que Aspas sublime o seu libre directo e alcance o mito Hermidita. Está a un tanto do máximo goleador do Celta de todos os tempos.