O Celta empeza a semana coa enfermería chea
Publicado o 03/05/2021 19:36
Acumúlase o traballo na enfermería do Celta. A vitoria contra o Levante deixou o equipo matematicamente en primeira, pero cunha considerable factura no estado físco de, polo menos, catro xogadores. Iago Aspas é o que menos preocupa, ten molestias no bíceps dereito, prognóstico leve. Máis graves están Renato Tapia e Jeison Murillo. Os dous con rotura fibrilar. O peruano no bíceps femoral esquerdo, e o colombiano no recto anterior. Aidoo tampouco se salva. Ten unha elongación no bíceps femoral dereito. Nos próximos días saberemos o alcance real das lesións, logo das probas que lles van practicar aos catro xogadores.