CRTVG

Buscar

O Celta, eliminado da Copa polo Mirandés

Publicado o 23/01/2020 21:15

Un gol de Antonio Sánchez no minuto 114 decide unha eliminatoria que Pione Sisto levara á prórroga cun golazo

O Celta, eliminado da Copa polo Mirandés

O Celta quedou eliminado na Copa do Rei despois de caer en Anduva diante do Mirandés por 2-1, un partido que decidiu o cadro local cun gol no minuto 114. 

Óscar sorprendeu coa estrea como titular do vilagarcián Fontán. No primeiro tempo o Mirandés estivo mellor sobre o céspede, avisou a Sergio ao pouco de principiar e adiantouse no minuto 27 cun gol de Matheus de penalti logo dunhas mans de Brais Méndez. A mellor opción para os vigueses foi para o Touro Fernández, titular como referencia en ataque. 

No segundo tempo, e vendo que a eliminatoria que lle ía, o técnico celeste meteu os pesos pesados. Con Pione e Aspas sobre o campo o Celta comezou a xerar perigo e froito diso Pione Sisto acadou o gol do empate cun gran lanzamento dende a frontal da área. Iago mesmo tivo a oportunidade de evitar a prórroga no minuto 87. 

Todo parecían encamiñado para os penaltis pero a falta de dez minutos para o remate da segunda metade da prórroga un erro en defensa custoulle a expulsión a Rafinha e o segundo penalti a prol do Mirandés. Sorte que Sergio realizou unha gran intervención para manter a esperanza celeste. E no 114 Antonio Sánchez sí atinaba coa portería do Gato de Catoira e poñía o 2-1 que sería definitivo. Aínda tivo dúas ocasións moi claras o Celta para volver a empatar pero Limones cunha gran intervención e o traveseiro evitaron o gol. 

C. D. Mirandés 1: Limones, Odei, Kijera, Alexander González (Carlos Julio 83), Franquesa, Malsa, Peña (Antonio Sánchez 101), Guridi, Merquelanz, Iñigo Vicente (Álvaro Rey 60), Matheus (Maranhao 69)

R. C. Celta 1: Sergio, Kevin, Aidoo, Araújo, Fontán (Olaza 106), Jorge Sáenz, Pape (Aspas 67), Brais Méndez (Rafinha 73), Denis, Juan Hernández (Pione 57), Touro Fernández. 

Goles: 1-0 Matheus 27' de penalti / 1-1 Pione 75' / 2-1 Antonio Sánchez 114.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí