CRTVG

Buscar

O Celta e a Roma volven xogar en Vigo 17 anos despois

Publicado o 12/08/2017 21:58

Non vai ser a de mañá a primeira vez que se enfronten o Celta e a Roma en Vigo. Sucedeu hai 17 anos, na sexta edición do Memorial Quinocho. Daquela, o adestrador do equipo romano era Fabio Capello, que dirixía un combinado de estrelas entre os que salientaban Batistuta ou Francesco Totti. No equipo que xogou en Vigo estaba o actual técnico da Roma, Eusebio di Francesco. Aquel partido, disputado no verán do 2000, rematou con empate a un. Delvecchio marcara o gol para os italianos e Catanha conseguira a igualada para o equipo de Víctor Fernández. O Celta gañara na quenda de penaltis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017