CRTVG

Buscar

O Celta debate o futuro de Fran Escribá

Publicado o 13/05/2019 20:10
O Celta debate o futuro de Fran Escribá

O Celta acariña a permanencia malia o golpe sufrido en San Mamés. 3-1 caeron os de Escribá, que, malia o resultado, están a un paso da salvación tras a derrota do Xirona ante o Levante.

O marcador ante o Athletic proe no club vigués e hai dedos que apuntan o adestrador. Escribá, que aterrou en Balaídos en substitución de Miguel Cardoso, ten contrato ata finais de temporada. Ábrese un período de reflexión no club. O Celta recibe o Raio, xa descendido, na última xornada de liga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019