CRTVG

Buscar

O Celta de Coudet comeza en Sevilla con luces e sombras

Publicado o 22/11/2020 12:36

Malia a derrota, o técnico rematu satisfeito e ve capacidade de mellora física

Arrancou a era Coudet. E arrancou con derrota.

Arrancou co mesmo once do último partido de Óscar, disposto nunha estrutura de 4-1-3-2, chea de ambición e de axustes, que obrigan a ler ben o xogo e a un despregamento físico salientable.

Nos primeiros cinco minutos, o Celta andou ás minchas. O Sevilla creoulle tres ocasión e marcoulle este gol, de Koundé. Pero logo foi axustando e comezou a ser o equipo que o Chacho quere. Dominador, presionante, equilibrado, dinámico. A primeira parte foi súa. Empatou aos dez minutos grazas a un centro de Mallo e a un mal despexe de Vaslik que aproveitou Aspas.

E á media hora xa mandaba logo dunha saída meteórica que trazaron Brais e Denis, que lanzou a Aspas e que acabou por remachar Nolito. Gol de Nolito. Neses minutos aconteceu a lesión muscular de Aidoo, tivo que deixar o partido. Pero non mirrou o superioridade galega. Nolito perdoou o terceiro no minuto 45. Minuto clave. Paradón de Vaslik. Minuto clave porque na xogada seguinte, xa na compensación deste primeiro tempo, o Sevilla encontraba o empate nun centro de Navas que cabeceou En-Nesiry. Olaza permite o centro cómodo e En-Nesiry impón o seu salto. Moi desatinado Olaza e non só nesta xogada.

Á volta do intermedio, o Sevilla foi arriba e o Celta alternou a posesión coas contras. Ata o minuto 75 o encontro seguiu a ser seu, con ocasións tan manifestas coma esta que estraga Santi Mina. Pero fallounas, segunda clave. A terceira foi o aspecto físico. Determinante no cuarto de hora final. Ao Celta acabóuselle a enerxía e o Sevilla pechouno atrás. Asedio final con fortuna. Porque o 3-2 de Escudero, vén dun rexeite en Tapia. Minuto 80. E o 4-2 definitivo, acontece logo dunha perda de Denis, pero tamén despois dun tiro de Munir que rexeita en Murillo. O primeiro partido da era Coudet acaba en derrota.

Pois este colega apunta, para acabar, como imprecindible esa mellora para evitar partidos con 70 minutos de luces e 20 de sombras.



 

Noticias web

22/11/2020