CRTVG

Buscar

O Celta de Cardoso en caída libre

Publicado o 27/01/2019 14:56

O Celta afonda na súa crise ao sumar en Valladolid a quinta derrota consecutiva. Nin a presenza do holandés Hoedt no centro da zaga mellorou a contundencia defensiva do Celta. E iso que os celestes comezaron mellor, intentando xogar e atoparon o gol moi cedo. No minuto 15 erro de Míchel na saída do balón, recuperou Boufal na área pucelana e deixouna para Pione. O dinamarqués tivo tempo para canear, controlar e colocar o esférico na escuadra.
A continuación, xogada polémica. Reclamou penalti o Celta, Brais Méndez, pediu a pena máxima polo empurrón de Nacho, nin Sánchez Martínez nin a videarbitraxe sinalaron nada.
Boufal puido aumentar a renda, topou con Masip. Era o minuto 24 e aí desapareceu o Celta. O Valladolid empezou a chegar á área viguesa, ás veces disparaban fóra, ás veces topaban con Rubén.
E así, con esa dinámica, comezou o segundo tempo. Óscar Plano topou con Rubén totalemente só dentro da área, cinco minutos despois, non errou. Centro de Keko, control de Óscar Plano e gol. 1-1 no 56. E no 69 Keko aproveitou o centro de Óscar Plano para facer o segundo. 2-1 no 69. Buscou o Celta o empate con todo o que tiña no banco, o que atopou foi a expulsión de Hoedt por dobre amarela. O Celta segue con 21 puntos, pendente do que faga o Raio mañá en Vitoria.
 

Noticias web

27/01/2019