CRTVG

Buscar

O Celta cuestiona a arbitraxe de Xetafe e o uso do VAR

Publicado o 12/02/2019 18:17

O Celta busca respostas á arbitraxe de Xetafe e á aplicación do VAR, pero botar a vista atrás non axuda a atopalas. O penalti de Hugo Mallo, que non contradixo o vídeo mentres González Fuertes se cargaba de razóns para expulsar a Maxi, como mínimo ofrece dúbidas. Tamén a caída de Brais en Valladolid que o VAR non apreciou como pena máxima, e que suporía o 0 a 2, ou o derrubamento de Cuéllar a Boufal en Balaídos contra o Leganés, que tamén se cotexou nun partido que acabou sen goles.

Os tres minutos que pasou o VAR vendo esta imaxe, para apoiar finalmente o fóra de xogo de Hugo Mallo contrastan co acontecido hai un mes en Vallecas. Alí o Raio iniciou a remonta con este gol que o árbitro anulou. Tamén sen a famosa liña do VAR, o vídeo cambiou a decisión e o empate a dous acabou subindo ao marcador. As mans de Flamini non se revisaron. Tampouco as de Lenglet no Camp Nou. Aí si parece haber un patrón. Veremos se Jaime Latre trae as ideas claras o sábado. Reencóntrase co Celta tras a xornada inaugural, na estrea do VAR, cando lle deu traballo arreo pero non cambiou ningunha das súas decisións no Celta-Español. Nin penalti de Hugo Mallo, nin mans de Piatti, nin gol de Maxi. 

E as peñas do Celta non descartan algún tipo de mobilización para este sábado. Estivemos con dous representantes. Están de acordo co club.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019