CRTVG

Buscar

O Celta confirma o seu segundo amigable de pretemporada: o 31 de xullo contra o Bayern Leverkusen

Publicado o 08/07/2021 12:53

Xa anunciara o partido contra os Wolves o 7 de agosto en Inglaterra

O Celta confirma o seu segundo amigable de pretemporada: o 31 de xullo contra o Bayern Leverkusen

O Celta vaise enfrontar ao Bayer Leverkusen o día trinta e un de xullo. Esa proba chegará practicamente cun mes de pretemporada realizada.

O equipo alemán será dirixido esta temporada por Gerardo Seoane, antigo futbolista do Deportivo. Suízo de orixe galega. E alí milita o checo Schik, autor de cinco goles nesta Eurocopa.

Do que non se sabe nada é dos amigables que xogará o Celta do once ao vinte e cinco de xullo mentres permanece en Marbella.

Noticias web

08/07/2021