CRTVG

Buscar

O Celta comeza este luns a preparación dunha temporada ilusionante

Publicado o 04/07/2021 17:44

Á espera dos reforzos, o equipo de Coudet agarda darlle continuidade ao gran treito final da 20-21

E mentres seguen as competicións de seleccións, os equipos están preto de volver ao traballo. É o caso do Celta, que mañá comeza a pretemporada. Os futbolistas pasaron onte as pertinentes probas PCR. Á espera dos resultados, todos eles iniciarán os adestramentos mañá na Cidade Deportiva Afouteza. Cómpre lembrar que a liga en primeira empeza a mediados de agosto. Logo dunha semana en Vigo, o Celta concentrarase en Marbella durante quince días para preparar a nova e ilusionante temporada.

Noticias web

04/07/2021