CRTVG

Buscar

O Celta comeza en Sevilla a era Coudet

Publicado o 21/11/2020 14:12

Sábado, 21 de novembro, arranca a era Coudet. Arranca coa maleta chea de ilusión e en descenso, logo do empate do Huesca. Arranca no Pizjuán, fronte ao Sevilla.

E arranca co hándicap do pouco tempo de traballo e da asusencia de efectivos. Será un primeiro paso no futbolístico ao que nunca lle pode faltar compromiso.

O Celta viaxou con todos, agás os mancados Mor, Kevin e Sergio. O Sevilla chega en horas baixas; un triunfo -ante o Osasuna- nos últimos cinco encontros de liga, a tres puntos do descenso. E advertido da renovada ilusión celeste.

Sevilla-Celta, ás seis e media. Primeiro episodio da era Coudet. O técnico marchou pendente do permiso para poder sentar no banco, no banco do Celta, esa incómoda praza nestes tempos. Afeita como as arbores caducas a cambiar a folla cada mes de novembro.









 

Noticias web

21/11/2020