CRTVG

Buscar

O Celta chega con dúbidas e lesionados á última fase da pretemporada

Publicado o 09/08/2019 16:46

Comezou o Celta a pretemporada con vitorias e boas sensacións e está rematándoa con algunhas dúbidas e a enfermería chea. A goleada ao Lugo no primeiro encontro amosou o ben que pode funcionar a sociedade Aspas-Mina.

No segundo ofreceu unha boa imaxe ante todo un equipo de Champions como o Lille francés, ao que gañou por un cero.

Viaxaron despois os de Escribá a Alemaña para un dobre enfrontamento co Unión Berlín. Empataron o primeiro e golearon no segundo no que houbo detalles de calidade como esta asistencia de Denis Suárez, outro dos xogadores sobre os que se sitúan os focos esta temporada.

Aínda que o mellor do encontro foi Rubén, evidenciando que o Celta segue a ser o equipo bipolar de temporadas pasadas. Con todo, cabe salientar que foi quen de gañar a un equipo da Bundesliga sen o seu dianteiro de referencia. Iago Aspas mancouse ao inicio dese partido.

Non foi grave a lesión do moañés, que xa ten a alta. Peor lle foi a Mina e Juncá no último amigable, ante o Tenerife no que ademais o Celta encaixou a primeira derrota, no seu peor partido da pretemporada. Únense así ás baixas de Hugo Mallo, Okay e Sergio. Coa enfermería chea e á espera de incorporar un mediocentro chega agora o Memorial Quinocho ante o Lazio. O último ensaio antes do esixente inicio de liga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019